¡Desprázate en bicicleta por Arteixo!

Descárgate a app e monta en biciArteixo

Apple App StoreGoogle App StoreHuawei App Store

biciArteixo

O servizo de bicicleta pública biciArteixo permite a calquera persoa maior de 18 anos rexistrarse e dispor dunha bicicleta para realizar os seus desprazamentos urbanos. O sistema ofrece bicicletas convencionais e eléctricas.

Vantaxes

Aluga e devolve

Simplemente desbloquea as bicicletas coa aplicación nextbike by Tier e ¡desfruta! Pecha o cadeado e o alugueiro rematará automaticamente.

Cómo funciona

Barato e sostible

Atopa a tarifa que máis che conveña.

As nosas tarifas

Cómo funciona

REXISTRO

A inscrición é gratuíta, só para verificar o seu medio de pago ten que depositar un crédito de viaxe de 1€, que poderá empregar posteriormente.

ALUGUER

Simplemente escanea o código QR da bicicleta coa App nextbike by TIER e o cadeado Framelock desbloquearáse automaticamente.

MODO PARKING

¿Queres aparcar a túa bicicleta un intre e non perder o alugueiro? Primeiro activa o MODO PARKING na APP e logo pecha o cadeado Framelock, cando desactives o modo parking, este desbloquearáse novamente.

DEVOLUCIÓN

Devolva a súa bicicleta nunha estación oficial e peche o Framelock. O alugueiro rematará automaticamente.

Obrigacións específicas do usuario

O usuario de un abono comprométese, en cada ocasión que utilice o servizo, a:

  • Facer uso do servizo, e en especial da bicicleta, coa máxima dilixencia.
  • Estacionar correctamente a bicicleta nunha estación ao finalizar o desprazamento, e antes da hora de peche do servizo ao mesmo día en que se iniciara o desprazamento. Excepcionalmente, no caso de que a estación escollida estea chea e non existan enganches libres nese momento, terá que deixar a bicicleta ao lado da estación sen que supoña un risco para a integridade e/ou a seguridade da bicicleta, peóns e/ou vehículos e obrigatoriamente asegurar o mecanismo de bloqueo para rematar o aluguer. Ademais, o usuario deberá comprobar a correcta finalización da operación.
  • Informar e devolver debidamente a bicicleta ao servizo, en caso de comprobar que algún dos seus elementos non funciona correctamente.
  • Utilizar a bicicleta de forma adecuada e destinala unicamente ao seu transporte persoal.
  • Asumir a garda e custodia da bicicleta dende o momento da súa retirada e ata o correcto retorno desta ao servizo.
  • Entregar a bicicleta aos supervisores, persoal autorizado ou autoridades, en caso de que estes, no exercicio das súas funcións, llo requiran.
  • Respectar as normas de circulación vixentes.
  • Facer uso do carril bici nas vías en que estea instaurado.
  • Responsabilizarse do bo uso da bicicleta, así como da súa perda.
  • Todos os usuarios dun abono obríganse expresamente a cumprir, na utilización das bicicletas, a ordenanza de mobilidade do municipio cando exista. Sendo obrigatorio o uso do casco nos menores de 16 anos en todo caso, e os maiores de idade en vias interurbanas.
  • No momento da alta, o usuario manifesta que se atopa en perfecto estado de saúde para ir en bicicleta e asume a súa responsabilidade en caso de sufrir unha enfermedade do corazón, vista ou oído ou dos aparatos circulatorio, locomotor e dixestivo.
  • O usuario está obrigado a facer un bo uso da bicicleta de uso compartido e responsabilízase de todos os danos que poidan producirse por un uso inadecuado desta.
  • O usuario está obrigado a tomar precaucións ante posibles danos, perda ou roubo. En concreto, se a bicicleta dispón de candeado electrónico ou calquera sistema de inmobilización, deberá utilizarse sempre que a bicicleta quede estacionada durante un desprazamento. No caso dun estacionamento fora dunha estación, a bicicleta deberá quedar nun lugar que non estea explicitamente prohibido na correspondente ordenanza municipal. Non obstante, o usuario non quedará exonerado da garda e custodia da bicicleta.

Prohibicións expresas do usuario

Prohíbense expresamente aos usuarios dun abono as conductas que se detallan a continuación:

  • Utilizar o servizo sendo menor de 14 anos.
  • Utilizar a bicicleta fora do ámbito territorial do Concello de Arteixo.
  • Utilizar a bicicleta por zonas ou camiños non pavimentados, ou por terreos que non sexan aptos para circular.
  • Circular coa bicicleta por un carril bus, excepto si está expresamente autorizado.
  • Subir a bicicleta a calquera outro medio de transporte.
  • A desmontaxe e/ou manipulación parcial ou total da bicicleta, das estacións ou dos elementos que as compoñen.
  • A utilización da bicicleta ou das estacións para fins comerciais.
  • A pintada de slogans, debuxos ou similares sobre a bicicleta.
  • Circular sobre unha sola roda, pegarse a outros vehículos en marcha ou utilizar auriculares conectados a aparatos receptores ou reprodutores de son.
  • Facer uso do móbil mentres se utiliza a bicicleta.
  • Transportar a outras persoas, animais ou obxectos voluminosos.
  • Abandonar ou ceder a bicicleta durante un desprazamento, excepto en casos de forza maior. Nese caso, deberá informarse a biciArteixo no mínimo tempo posible, non superando os 30 minutos dende o feito que producira a causa de forza maior. Se o servizo ten que retirar unha bicicleta de uso compartido abandonada na vía pública durante un desprazamento, o usuario será responsable dos costes e penalizacións que se deriven.

Tarifas

biciArteixo ten a solución perfecta e sinxela para ti. Elixe entre o abono diario, mensual e anual.

PARA USUARIOS OCASIONALES

Abono diario

5 € / 24 h

Este abono inclúe as 2 primeiras horas de cada alugueiro.

Cada hora extra máis aló das 2 horas incluídas ten un custo:

3€ para unha bicicleta convencional
5€ para unha bicicleta eléctrica

O abono non se renova automáticamente

PARA USUARIOS FRECUENTES

Abono mensual

10 €/ 31 días

Este abono inclúe as 2 primeiras horas de cada alugueiro.

Cada hora extra máis aló das 2 horas incluídas ten un custo:

2.50€ para unha bicicleta convencional
4.50€ para unha bicicleta eléctrica

O abono non se renova automáticamente.

PARA VERDADEROS ENTUSIASTAS

Abono anual

35€/365 días

Este abono inclúe as 2 primeiras horas de cada alugueiro.

Cada hora extra máis aló das 2 horas incluídas ten un custo:

2 € para unha bicicleta convencional
4 € para unha bicicleta eléctrica

O abono renóvase automáticamente.

As túas vantaxes con biciArteixo

¿Forza muscular ou asistencia eléctrica?

Escolle entre bicicletas convencionais ou eléctricas.

Ola Arteixo

Desde biciArteixo informamos que, a partir do día 01/08/2024, os tempos de alugueiro cambiarán. En lugar de ser de 2 horas por alugueiro, serán de 2 horas por día, as cales poderán ser utilizadas nun ou varias viaxes. Desculpen as molestias.